Olvidame Feat. Aliboria (Yemanjo Remix) (Feat. Aliboria)
Xosé Lois Romero
5:45Vira na roda da vida vira coma unha buxaina por cada volta que viras vaise unha pena da alma vira para que tras a noite sempre veña a alba. Son coma as nubes do ceo son coma a escuma do mar non teño acougo nin quero son unha folla que cae vivo no berce do vento presa estou do aire. Baila e bate na terra para enxermar a primavera, baila e toca as estrelas coas azas das arelas. Brazos xogando co vento pés debuxando na area ollos buscando sorrisos risos buscando parella puntos e voltas en roda ata que alboreza. Baila e bate na terra para enxermar a primavera, baila e toca as estrelas coas azas das arelas. Le lerelere lerele lerelere Le lerele lerelele lerelere Le lerelere lerele lerelere Le lerelerelerele lerelerelele Baila de noite coa lúa baila de día co sol que o mundo vire mil veces ao xeito dos bailadores bailando marchan as penas chegan os amores. Baila e bate na terra para enxermar a primavera, baila e toca as estrelas coas azas das arelas. Le lerelere lerele lerelere Le lerele lerelele lerelere Le lerelere lerele lerelere Le lerelerelerele lerelerelel